Propostas de lecer durante o confinamento do Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo propón unha serie de accións culturais durante o tempo que dure o estado de alarma.

Diferentes artistas, autras e editoriais ofrecen, de balde moitas propostas durante estes días. Velaí van algunhas delas: 

Cómic: Aira Editorial permite acceso libre, por tempo limitado, aos .pdf de 'Carriandola. As abraiantes aventuras de Mariña', recomendado para todos os públcos. O cómic de Aloyisus e simón Blanco conta a historia de Mariña, unha heroína especial, nun tramo do Camiño de Santiago. 

Cinema: o ciclo de filmes que ofrece de balde a plataforma Novo Cinema Galego inclúe cintas tan interesantes como Vikingland, a moi libre versión de Moby Dick de Xurxo Chirro e a primeira longametraxe de Oliver Laxe, a premiada "Todos vós sodes capitáns" 

Narración Oral: O Festival Atlántica de narración oral tivo que cancelarse, pero o conto non parou! Podes ver na súa canle de Youtube videos de Olga Abad, Luis Prego, Charo Pita ou Pablo Diaz, entre outros. 

Poesía: farta de cancelar o seu recital 'Lorem Ipsum', Leite Edicións reconvertiuno en Corona Ipsum, un evento virtual no que cada día unha poeta recita textos propios ante a cámara,. Xa pasaron pola súa úcanle de Facebook Lucía Cernadas, Afra Torrado ou Carlos Callón. 

Música: puidemos ver o 'Abe Rábade' no Burgojazz do 2019 e, agora, podemos velo outra vez nesta marabilla de concerto que deu o pasado 18 de marzo na súa casa. O concerto componse de cinco pezas inéditas que formarán parte do seu próximo e agardado traballo discográfico. 

Vista previaAdjuntoTamaño
proposta1.pdf767.14 KB

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina