Campamentos Cullerchef 2019

O campamento de verán de cociña saudable e habilidades domésticas 'Cullerchef' terá lugar do 19 ao 23 de agosto no Edificio de Servizos Múltiples, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Está dirixido a nenas e nenos de 7 a 12 anos, e trátase dunha actividade completamente de balde.  As inscricións poderán realizarse do 8 ao 16 de agosto. Poderá facerse en liña, co envío do formulario a completar na seguinte ligazón: (https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfqa21LtS4mslplQIB9x4zWfMQZpp6gG2jvILfhixn7yVPozA/closedform) ou coa entrega do boletín de inscrición cuberto no Edificio de Servizos Múltiples en horario de 9:00 a 14:00 horas.

O Cullerchef amplíase este verán cun campamento no que as nenas e os nenos non só aprenderán a cociñar saborosos pratos saudables, senón que ademais participarán en todo o proceso de planificación da receita e sairán a comprar os produtos necesarios para a elaboración da mesma.

Reforzarán así as súas habilidades sociais e os coñecementos sobre nutrición, economía doméstica, aproveitamento, comercio de proximidade ou reciclaxe, entre outros, mentres gozan cociñando

Está limitado a 24 prazas e terán preferencia os/as empadroados/as en Culleredo.

 

 

 

Vista previaAdjuntoTamaño
inscricion.pdf128.12 KB
folleto.pdf1.11 MB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina