Concurso de Graffitti · Culleredo 2019

FASE 1: INSCRIPCIÓN
1a.- Poderán participar mozas e mozos de entre 14 e 30 anos. A inscripciónserá gratuita, sendo un máximo de 10os traballos seleccionados comofinalistas por categoría para pintar os días 18 e 19 de Maio de 2019.
1b. O certame conta con dúas categorías: AMATEUR (para principiantes) e PRO (para xente con algo de experiencia).
1.c.- A participación pode ser INDIVIDUAL ou GRUPAL. No caso da particicipación grupal, o mínimo serán dous integrantes e o máximo catro, priorizando os grupos mixtos de rapazas e rapaces.
2a.- Para inscribirse será necesario encher as follas de inscripcióncos seguintes datos: Nome, Apelidos, Pseudónimo/nome da crew e os seus integrantes,teléfono de contacto, data de nacemento e número do DNI . Antes de iniciarse o concurso será necesaria a presentación do DNI ou outro documento identificativo. Podedes descargar a folla no Facebook do CIPAX ou solicitala na Casa da Xuventude Pablo Picasso.
3a.- Tod@s @s participantes comprométense a concursar unha vez inscritos, exceptuando circunstancias xustificadas.
3.b.- O plazo de inscripción comeza o día 6 de maio e remata o 15 de maio de 2019.

FASE 2: PRESENTACIÓN DE BOCETOS
4.a- Para participar no concurso haberá que entregar un boceto detallado e a cor (ver máis abaixo a gama de cor disponible), en soporte papel ou cartulina en tamaño dinA4, indicando en lápis na parte trasera do papel o pseudónimo/crew co que participa. Os/As participantes na categoría PRO deberán presentar alguna fotografía de graffitis realizados con anterioridade.
4.a.- No caso da participación grupal deberá entregarse un único boceto coa composición feita pol@s participantes
4.a.- Haberá dúas modalidades de bocetos: PEZAS (letras de graffiti) e KEKOS (muñecos e debuxos). Valorarse que haia un equilibrio entre pezas e kekos. No caso da participación GRUPAL priorizarase a combinación de letras e debuxos.
4.b.- Os bocetos deben entregarse en papel na Pablo Picasso ou por email en: cipax@culleredo.es ata o día 15 de maio de 2019.
5.a.- O xurado seleccionará 5 bocetos de cada categoría (AMATEUR/PRO)
5.c.- Os bocetos serán orixinais e inéditos. Non se admitirán traballos que teñan contidos obscenos, xenófobos, sexistas ou cualquera outro que atente contra a dignidade das persoas.
5.b.- Os bocetos gañadores realizarán a obra sobre parede os días 18 e 19 de Maio de 2019, no lugar e horario indicado pola organización.

FASE 3: FALLO DO XURADO
6.a.-O xurado estará composto por 5 membros do Concello de Culleredo e artistas profesionais do graffitti e o muralismo.
6.a.- Elexiranse 5 bocetos de cada categoría (AMATEUR/PRO) procurando manter un equilibrio entre as modalidades de PEZAS e KEKOS.
6.b.- Os bocetos seleccionados devolveranse aos creadores/as o mesmo día da realización do mural para que o teñan como referencia. Os bocetos en papel non seleccionados poden recollerse na casa da xuventude Pablo Picasso a partir do día 22 de maio.
6.C.- O fallo do xurado farase público o día 15 de maio en RRSS, no Facebook do CIPAX e contactando por teléfono @s gañador@s.

PREMIOS E REALIZACIÓN DOS MURAIS:
7.a.- @s autor@s dos bocetos gañadores poderán realizar a súa obra en gran formato en dous murias colectivos, un por cada categoría AMATEUR/PRO,no lugar e horario indicados pola organización o día que se resolva o fallo do xurado.
7.b.- @s gañador@s daráselles un lote de 12 sprays da marca NBQ, para a realización da súa obra, coa seguinte gama de cores: laranxa claro, laranxa medio, lila, vermello, amarelo, azul claro, turquesa, rosa, verde claro, verde medio, branco e negro.
7.c.- Todas as obras do concurso aparecerán fotografiadas en calidade nun catálogo a toda cor editado polo Concello de Culleredo no que aparecerán os pseudónimos d@s participantes. A cada participante daránselle dúas copias do catálogo e copias do cartel.
7.d.- Así mesmo, daráselle difusión nas RRSS aos muráis realizados no evento, nomeando a tod@s @s participantes.
8.a.- Os graffitis que disten moito do que aparece no boceto quedarán descalificados do concurso e retiraráselles o material.
9.a.- Cada participante contará cun espacio de 3 metros de longo para a realización da súa obra.
10.a.- A organización procurará, na medida do posible, equiparar o número de participación femenina e masculina.
10.b.- A organización reservase o dereito a penalizar a aqueles artistas que adquiran algunha actitude violenta, falta de respeto ao resto de participantes ou asistentes, chegando incluso a anular a participación e sendo expulsad@ do concurso.
10.c.-Serán motivo de descalificación deste e outros concursos as seguintes situacións:
A realización de graffitis ou tags fora dos espazos designados pola organización.
A alteración das obras de outros participantes.
O plaxio das obras de outros artistas.
A no correspondencia das obras co seu boceto orixinal.
11.a.- A participación no concurso implica a total aceptación destas bases.

Vista previaAdjuntoTamaño
folla_de_inscripcion.pdf351.64 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina