Cursos de apoio para a preparación das competencias clave 2019

Desde o Servizo de Dinamización, Formación e Emprego da Concellaría de Desenvolvemento Socioeconómico, Turismo e Festas do Concello de Culleredo vanse levar a cabo accións de formación co obxecto de servir de apoio na preparación das competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional para o emprego. 

Ditos cursos/as están dirixidos aos veciños/as do Concello de Culleredo, preferentemente en situación de desemprego e inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 débese posuír unha formación básica necesaria, e para isto é preciso acreditar que se posúen certas titulacións, certificacións ou acreditacións. Cando o/a aspirante non posúe os requisitos académicos necesarios, que é a situación na que se atopan unha grande cantidade de veciños/as de Culleredo en situación de desemprego e demandantes de formación e emprego,existe outra vía de acceso que consiste na superación das probas de competencias clave que organiza a administración.

Estas accións formativas realizadas en anos anteriores, cunha grande acollida por parte dos veciños/as de Culleredo,  permitiron que a maioría dos/as participantes superasen as probas e desta forma poidesen acceder aos cursos vinculados aos certificados de profesionalidade de nivel 2.

 

Nº DE CURSOS: 2

 

REQUISITOS DE ACCESO: Non ter formación regrada igual ou superior á ESO, 2º B.U.P., F.P I ou equivalente.

 

DURACIÓN DE CADA CURSO: 40 horas.

 

PRAZAS OFERTADAS: Cada curso conta con 20 prazas. O curso que non cubra como mínimo o 75% das prazas poderá ser cancelado.

 

ASIGNACIÓN DE PRAZAS: No caso de que o número de solicitantes supere ao de prazas, realizarase un sorteo público o 8 de abril de 2019 as 10:00 horas no Centro Municipal de Formación e Emprego " Pablo  Picasso" do Concello de Culleredo. O resultado do sorteo publicarase no taboleiro de anuncios deste mesmo Centro  o 12 de ABRIL de 2019.

 

INFORMACIÓN:

Centro Municipal de Formación e Emprego " Pablo Picasso" do Concello de Culleredo.

R/ Antonio Machado, s/n. O Burgo – Culleredo.

Tfno.: 981664204

 

LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

Rexistro Municipal

  • Edificio de Servizos Múltiples, R/ Ramón Cabanillas, nº 14. O Burgo - Culleredo
  • Casa do Concello. Rúa do Concello, nº12, Tarrío – Culleredo.

PRAZO DE SOLICITUDE:

Do 18 ao 22 de marzo de 2019.

De 9:00 a 14:00 horas.

 

 

 

 

 

Procedemento.

 

 Listado de solicitudes presentadas e admitidas por curso

2 de abril de 2019

Período de alegacións

2 e 3 de abril

Publicación Listado admitidos/as

Taboleiro Pablo Picasso

Sorteo público ( en caso necesario)

8  abril de 2019

Publicación listado admitidos/as segundo o sorteo e tendo en conta a preferencia dos/as desempregados/as

12 abril de 2019

Período de alegacións

12-15 abril  de 2019

LISTADO DEFINITIVO

16/04/19

 

DATAS PREVISTAS PARA AS  CLASES DE APOIO Á PREPARACIÓN DAS COMPETENCIAS CLAVE 2019

 

 

GRUPO I

DATA INICIO CLASES: 22/04/19

DATA FIN CLASES:        22/05/19

 

HORARIO : De 9:30 a 13:30 horas ( 4h/dia)

                    luns-mércores

                     venres 3 de maio

DÍAS LECTIVOS: 10 días

Datas de impartición:

  • ABRIL: 22-24-29
  • MAIO:3-6-8-13-15-20-22

 

INSTALACIÓNS: Aula do Centro Municipal de Formación e Emprego "Pablo Picasso" do Concello de Culleredo.

 

GRUPO II

 

DATA INICIO CLASES: 23/04/19

DATA FIN CLASES:        23/05/19

 

HORARIO : De 9:30 a 13:30 horas ( 4h/dia)

                       martes e xoves

 

DÍAS LECTIVOS: 10 días

Datas de impartición:

  • ABRIL: 23-25-30
  • MAIO: 2-7-9-14-16-21-23

 

INSTALACIÓNS: Aula do Centro Municipal de Formación e Emprego "Pablo Picasso" do Concello de Culleredo.

 

 

 

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina