Culleredo priorizará a movilidade veciñal no proxecto do Vial 18

Culleredo priorizará a movilidade veciñal no proxecto do Vial 18. O anteproxecto da infraestrutura atópase exposta ao público e o goberno local estuda a fondo o texto de cara a presentar as alegacións oportunas.

Neste procedemento, o alcalde, José Ramón Rioboo, acaba de reunirse cos responsables de Demarcación de Carreteras, pertencente ao Ministerio de Fomento, para analizar as alternativas e abordar as demandas que ten o Concello.

Froito do estudo das catro alternativas contempladas inicialmente polo Ministerio, conclúsese que a escollida é a que menos impacto pode ter no territorio. Así mesmo, proxectarase un falso túnel e integrarase a vía no talude, o que a xuízo dos técnicos, contribúe a minimizar o ruído, e polo tanto incrementar o benestar dos veciños e veciñas da contorna.

As opcións que contemplaban un túnel baixo as vivendas, ou un gran viaduto, suporían un maior impacto, máis perxudicial para o territorio e os residentes

Unha das peticións do goberno local será a interconexión dos viais de servizo que o anteproxecto contempla en diversos tramos do Vial 18, de xeito paralelo.

A continuidade do vial en paralelo permitiría aos veciños da Xeca, Monte Alfeirán, Conduzo, Castro-Laxe ou Vilaboa, empregalo para entrar de maneira directa na Terceira Ronda -na Zapateira-, e desde aí dirixirse hacia A Coruña, tomar a A-6 ou o propio Vial 18 para a AP-9. Nun primeiro cálculo estímase que rebaixaría preto da metade do tempo que hoxe invirten os residentes destas zonas para realizar estes desprazamentos.

Tamén melloraría notablemente a movilidade interna no municipio, para chegar por exemplo, ao campo de fútbol do Carrizo, e cumplir a demanda histórica dos residentes no Alfeirán para poder cruzar a AP-9 e chegar á Zapateira. 

Outra vantaxe será o alivio da circulación polo centro de Castro-Laxe, que se incrementou desde a posta en marcha da Terceira Ronda, ao servir como única maneira de chegar desde a ronda da Zapateira ata o centro de Vilaboa. 

A nivel legal, segundo explicou a Demarcación, unha conexión entre dúas vías de alta capacidade, como é o caso do Vial 18 ao unir a AP-9 e AC-14, non é posible que se proxecte un enlace no seu pequeno percorrido. Por iso a continuidade dos viais de servizo proxectados antóllase fundamental. 

A maiores, os técnicos continúan co estudo de cuestións máis técnicas relativas aos servizos diversos do Vial 18 de cara a elaboración de alegacións. 

 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina