Vive o Nadal en Culleredo

O Concello de Culleredo estreará unha pista de xeo no paseo marítimo como gran novidade da súa oferta de ocio para o Nadal. Esta será unha das actividades estrela, pero non a única. A ampla e variada programación que presenta o goberno municipal aunará distintas actividades de dinamización para todas as idades nas rúas de Culleredo, cunha oferta cultural e deportiva de primeiro nivel.

A principal novidade, como se comentaba anteiormente, é a instalación dunha pista de xeo, que se atopará no recinto multiusos no paseo marítimo do Burgo. Alí procederase á apertura do Gran Parque de Nadal, onde se abrirá dita pista desde o día 7 de decembro ata o día 3 de febreiro. A pista contará cunha superficie de 520 metros cadrados.

Durante os días lectivos, o horario de apertura será de 17:00 a 21:00 horas, reservando as mañás para as visitas de centros escolares e asociacións. As fins de semana, a pista abrirá de forma non interrompida, de 11:00 a 22:00 horas, con animadas sesións nocturnas con luces e música os venres, sábados e vésperas de festivo ata a 1:00 da madrugada.

A maiores, tamén o venres 7 de decembro terá lugar o acendido das luces de Nadal, nunha festa que se celebrará de 18:00 a 20:00 na praza de Europa.

Despois da inauguración da pista de xeo e do acendido das luces, o grande atractivo da programación municipal concentrarase entre o 21 de decembro e o 5 de xaneiro. Persoaxes como o Apalpador, Papá Noel, o Carteiro Real ou os Reis Magos visitarán as rúas e centros sociais de Culleredo. Haberá obradoiros de Nadal os días 26, 27 e 28 de decembro en Vila Melania e o Centro Cívico de Fonteculler. Instalaranse carpas cheas de actividades os días 2, 3 e 4 de xaneiro na praza de Europa e Vila Melania. Os Reis chegarán o día 5 de xaneiro coa Cabalgata na zona urbana e un percorrido por centros sociais do rural.

A oferta cultural será de primeiro nivel con varias obras de teatro, a tradicional Gala de El Ruiseñor, ou o Concerto solidario do Conservatorio. En materia deportiva, entidades e clubes como o Portazgo, o Club de Patinaxe Aura, Balonmán Culleredo ou A Pedrosa organizarán numerosas actividades coa coraboración do Concello. Sen esquecer a Papanoelada Moteira, do Moto Club Culleredo, que será o día 15 de decembro.

Podedes consultar a programación completa no arquivo .pdf adxunto nesta nova.

Vista previaAdjuntoTamaño
programacion_nadal_18-19_concello_culleredo.pdf2.61 MB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina