Obradoiro dual de Emprego “Culleredo verde”

A Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, vén de outorgar unha subvención ao Concello de Culleredo para o financiamento dos custos dun Obradoiro dual de emprego denominado “Culleredo verde“, dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos de idade.

Está dirixido a 20 alumnos/as traballadores/as, na especialidade “Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería”. A finalidade é a adecuación e axardinamento dos falsos tuneis Rías Altas co desenvolvemento das seguintes actuacións:

  1. Creación dun viveiro na propia parcela para produción de plantas para a elaboración do xardín.

  2. Construción dun xardín con aquelas plantas e árbores producidos no viveiro e outros.

  3. Realizar o mantemento do xardín.

A selección do alumnado-traballador (20 alumnos/as) e do persoal directivo, docente e administrativo de apoio tramitarase mediante a presentación da correspondente oferta no Servizo Público de Emprego (oficina de emprego Rafael Dieste), para logo proceder á selección definitiva das persoas candidatas segundo o disposto nas bases de selección, aprobadas para tal fin polo grupo mixto o día 28 de setembro de 2018.

Vista previaAdjuntoTamaño
bases_seleccion_o.e._culleredo_verde.pdf7.04 MB

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina