Culleredo saca a licitación 13 proxectos de obras cun investimento de 946.000 euros

O Concello de Culleredo tramita a contratación dun primeiro gran paquete de investimentos por un montante total de 946.467,04 euros. Será un plan con 13 proxectos que redundará en importantes melloras para o municipio en ámbitos como os equipamentos e espazo públicos, a rede viaria ou a iluminación.

A licitación das actuacións lógrase tras o “enorme esforzo” levado polos técnicos municipais, destaca o alcalde, José Ramón Rioboo, para esquivar as trabas que está a impoñer a nova lei de contratos aos concellos. O rexedor admite a “preocupación” que tiña para poder sacar adiante estes proxectos xa aprobados moi necesarios para os cidadáns.

Rioboo agradece tamén o apoio outorgado polos dous edís da Marea Veciñal e o edil de Ciudadanos, que apoiaron cos seus votos a realización destas actuacións.

O paquete de investimentos é o seguinte:

  • Cubrimiento do parque infantil de As Brañas, en Fonteculler: 93.201,40 euros
  • Renovación dos parques infantís de Orro e da urbanización Vallesur: 41.965,21 euros
  • Renovación do parque infantil do paseo de Os Templarios: 56.427,97 euros
  • Renovación do parque da lagoa de Fonteculler e skate park: 143.135,44 euros
  • Reforma interior da primeira planta do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo: 105.522,96 euros
  • Dotación de equipamento para o arquivo municipal do Concello: 48.570,61 euros
  • Pavimentación da rúa Regueira: 78.238,64 euros 
  • Renovación do firme en Vinxeira Grande: 79.106,47 euros
  • Pavimentación en Penaloureira e no cruzamento de San Cosme: 43.974,98 euros
  • Pavimentación da estrada á Ermida de Ternande e Ledoño: 40.750,83 euros
  • Reforma da iluminación pública nas prazas de Santa Gema, As Brañas, cale Ferrocarril, Celas e urbanización A Ría: 69.769,95 euros
  • Reforma da iluminación pública para aforro enerxético na urbanización Augas Mansas: 80.029,48 euros
  • Instalación da rede de saneamento en Peiro de Abaixo, centro social de Ledoño, avenida de San Miguel, Peiro de Arriba, Orro e Conduzo: 65.725,58 euros Boa parte do plan diríxese aos parques infantís, unha das prioridades do goberno local.

Executaranse proxectos moi necesarios en diversos puntos do concello como na lagoa de Fonteculler, moi concorrida, ou en Vallesur e Orro, moi necesarios para as familias da zona.

O Concello tamén continuará co seu plan piloto de cubrimiento de parques, que amplía a posibilidade de uso todo o ano con independencia da choiva. Neste caso levará a cabo no parque xunto ao centro cívico de Fonteculler, moi utilizado. O goberno local ten previsto continualo posteriormente na praza de Sacra Familia (Vilaboa) ou na praza de Europa (O Burgo), entre outros.

A nivel de equipamentos tamén se acometerá a segunda fase da rehabilitación do Edificio de Servizos Múltiples. Tras unha primeira parte en que se cambiou a planta baixa e o soto, incluíndo o auditorio e as oficinas, ascenderase agora ás salas de actividades da segunda planta.

O alcalde resalta así mesmo que con este paquete de actuará noutra das prioridades: a mellora da rede viaria. Existen moitas vías, especialmente no rural, que necesitan un arranxo. E aquí inclúense xa varias en parroquias como Rutis, Ledoño, Celas ou Sésamo.

Tamén se dotará de eficiencia enerxética á iluminación pública en varios puntos e continuásense coas actuacións de extensión do servizo de sanamiento.

O perfil do contratante xa recolle a apertura da licitación de cinco dos proxectos. Nos próximos días publicaranse o resto.

“Son investimentos que responden a necesidades que detectamos ou que trasladaron os veciños e queriamos que se tramitasen canto antes”, sinala Rioboo. O alcalde avanza que é un primeiro paquete que precederá a outros plans con “máis investimentos para o obxectivo de incrementar o benestar do veciño”.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina