O Concello de Culleredo organiza dúas edicións do curso de micoloxía

Coa chegada da tempada de cogomelos, o Concello de Culleredo organiza a formación en micoloxía que cada ana atopa mellor resposta entre os veciños. O goberno local promove dúas quendas dos cursos, que alcanzan este ano a súa XXIII edición.
 
A primeira será do 18 ao 21 de outubro na Casa dos Caseiros de Vila Melania (Vilaboa). E a segunda do 8 ao 11 de novembro na reitoral de Celas de Peiro.
 
En ambos os dous casos, o horario das sesións comprenderá desde as 20.00 ás 21.30 horas para favorecer a asistencia. O derradeiro día do curso realizarase unha excursión de recolleita de cogomelos en Torre Lavandeira.
 
O Concello oferta 50 prazas en cada quenda. A inscrición estará aberta do 2 ao 6 de outubro no rexistro municipal da Casa do Concello ou no rexistro auxiliar do Edificio de Servizos do Burgo.
 
A adxudicación de prazas será por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas en Culleredo. Só será posible apuntarse a unha das quedan, cun prezo público establecido de 10 euros e 12 para os non empadroados.
 
Pódese obter máis información no Centro Municipal "Pablo Picasso", no Burgo. O teléfono é 981 664 204.
Vista previaAdjuntoTamaño
preinscricion_micoloxia_2017.odt110.19 KB

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Canal Culleredo

Emisión en directo de plenos municipales y material audiovisual municipal.

Accede al canal

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina