Culleredo e Arteixo acordan o proceso de deslinde, que contará coa participación veciñal

Os alcaldes de Culleredo, Julio Sacristán, e de Arteixo, Carlos Calvelo, acompañados de técnicos de ambos os Concellos, mantiveron unha reunión de traballo para abordar o procedemento de deslinde territorial entre os dous municipios. Trátase dun proceso que nunca se chegou a acometer e que se considera necesario para determinar con exactitude os límites.
 
Os rexedores acordaron o proceso, que buscará a implicación de veciños de Culleredo e Arteixo, ao ser unha "fonte inmellorable" do coñecemento dos límites tradicionais. O acordo consiste en que tanto Culleredo como Arteixo crearán unha Comisión de Deslinde, que será aprobada en próximos plenos municipais. Estarán compostas por técnicos e veciños da zona.
 
A zona  que se delimitará comprende toda a liña limítrofe entre os dous termos: desde A Zapateira ata o comezo do municipio da Laracha.
 
Na reunión abordouse así mesmo unha coordinación entre os servizos de ambos os Concellos sobre o saneamento na Zapateira. Culleredo comprometeuse a abonar as augas residuais que se derivan á rede arteixá, do mesmo xeito que sucede, pero á inversa, con Cambre ou A Coruña. Pola súa banda, Arteixo comprometeuse a dotar á urbanización Montegolf de rede de recollida de pluviais para evitar a entrada de auga limpa no saneamento.
 
Ambos os dous Concellos mostraron a súa total disposición a cooperar de cara a afrontar en conxunto estas cuestións comúns.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina