O Concello abre un servizo de información turística

O Concello de Culleredo ofrece xa información turística aos seus visitantes. Grazas ao cofinanciamento da Deputación da Coruña, o goberno local contratou a un técnico de turismo, reabrindo a oficina municipal de información sita no Burgo, xunto á ponte sobre a ría.
 
Os turistas poderán recibir información dos puntos de maior interese para visitar, as zonas de hostalaría, o percorrido do Camiño de Santiago, as rutas de sendeirismo ou as conexións con outros núcleos da comarca.
 
A Oficina de Turismo estará aberta de martes a venres, de 17.30 a 20.00 horas, e os sábados de 17.00 a 20.00 horas. Polas mañás, poderase recibir información turística no Centro Municipal Pablo Picasso.
 
O alcalde en funcións, José Ramón Rioboo, e o concelleiro de Desenvolvemento Socioeconómico, Juan Carlos Lovelle, foron os primeiros usuarios da Oficina de Turismo. "Culleredo ten moitas opcións de turismo, vinculado á natureza ou ao patrimonio, válido para calquera época do ano", apuntou Rioboo.
 
Na Oficina, o visitante pode obter un mapa de Culleredo cos principais lugares destacados. A dependencia está situada a pé do Camiño Inglés, outro dos reclamos turísticos do municipio.
 
Con motivo da contratación deste técnico de turismo, ata decembro, o Concello acometerá pequenos traballos de mellora desta caseta, que permanecía en desuso. Nos próximos días mellorarase o acceso e encargarase unha decoración exterior para facer fronte ás pintadas.
 
A atención turística de Culleredo ofrecerase en catro idiomas: galego, español, inglés e italiano. Tamén se pode chamar por teléfono no mesmo horario de apertura ao 680 266 040.

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina