O goberno local prevé construír un parque infantil e cubrir a pista de petanca en Vila Melania

Vila Melania terá un novo parque infantil na súa entrada, novos aparellos biosaludables e unha pérgola que permitirá cubrir a área onde se xoga á petanca. 
 
Tras as reunións mantidas entre o alcalde, Julio Sacristán, e o primeiro tenente de Alcalde, José Ramón Rioboo, cos veciños da zona, decidiuse proxectar unha zona de xogos infantís na entrada do inmoble protexido, renovar os aparellos do parque biosaludable e cubrir a zona onde se practica o xogo da petanca, que ademais servirá para ampliar a oferta de actos culturais neste espazo. Nestes momentos o Concello traballa xa para ter un proxecto que, ademais de cumprir coas demandas veciñais,  respecte esta edificación protexida.
 
Segundo o primeiro tenente de alcalde, "trátase de cubrir a necesidade dun parque infantil na zona tal e como nos demandaron diferentes veciños do lugar", apuntou. Tal e como expuxo o goberno local as actuacións levaranse a cabo con materiais acordes co inmoble protexido, neste caso usarase madeira principalmente para a execución do proxecto.
 
Este proxecto vén completar o resto de actuacións nos parques infantís xa programadas polo executivo local. Destacan as actuacións de reforma e ampliación dos parques de Luis Seoane (zona fonte da balsa), Sagrada Familia ou o parque de Vilaboa. En todos eles levarase a cabo unha reforma dos xogos e do chan para adaptalos ás demandas dos veciños.
 
O goberno local continua a súa política de mellora de todos os parques infantís do municipio co obxectivo de que estas zonas reúnan as mellores condicións para o lecer e goce dos máis pequenos e das súas familias e para que conten co maior grao de seguridade.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina