O Verán Movidiño de Culleredo propón clases de ximnasia ao aire libre no verán

Non haberá escusas en Culleredo para porse en forma aproveitando o bo tempo. O Concello activa o seu programa "Verán movidiño", con clases de ximnasia ao aire libre desde este luns 10 de xullo ata o 30 de setembro.
 
Non importa a idade, é gratuíto e tampouco fai falta apuntarse simplemente desprazarse polo cinco puntos nos que se realiza a actividade a diario por parte dun monitor especializado. A iniciativa pretende "incentivar aos veciños de todas as idades a levar un verán activo e adquirir este hábito saudable", explica a concelleira de Benestar, Lupe Pombo.
 
O Concello dispuxo clases de luns a venres. Haberá puntos tanto na zona rural como na urbana. A programación semanal é a seguinte:
 
Os luns a cita é no centro social de Sueiro, de 19.30 horas a 20.30 horas; os martes no Noso Lareira de Tarrío, de 20.00 a 21.00 horas; os mércores no parque de Celas de Peiro, de 19.30 a 20.30 horas, os xoves no centro cívico de Fonteculler, de 10.00 a 11.00 horas; e os venres no Paseo Marítimo do Burgo, xunto ao parque biosaludable, de 10.00 a 11.00 horas.
 
A actividade leva a cabo diferentes modalidades de exercicios: ximnasia, paseos, sendeirismo, xogos, e mesmo o uso de aparellos dos parques biosaludables. A música non falta para animar aos participantes a seguir o ritmo dos monitores e, de paso, chamar a atención dous paseantes. Calquera  que pase pola zona pode animarse a participar na actividade.
 
Para obter máis información pódese contactar a concellaría no 981 65 45 70.

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina