Teatro de primeiro nivel, o venres 3 en Servizos Múltiples

O Concello de Culleredo achega o teatro de primeiro nivel aos veciños e de forma totalmente gratuita. Este venres, 3 de xuño, ás 20.30 horas, o auditorio do Edificio de Servizos Múltiples será o escenario da obra "Perplexo", de Il Maquinario Teatro.

Con esta peza, a compañía acada cinco premios María Casares: Mellor Espectáculo, Mellor Dirección, Mellor Iluminación, Mellor Adaptación/Tradución, e Mellor Vestiario. É recomendado na Rede Sarea de Euskadi e consegue a catalogación de Recomendado pola Rede Nacional de Teatros, facendo tempada en Madrid no Teatro Galileo.

É dirixida por Tito Asorey e protagonizada por Melania Cruz, Fernando González, Fran Lareu, e Laura Míguez.

As invitacións poderán recollerse no propio Edificio de Servizos Múltiples desde unha hora antes da actuación.

Promoción

Cres que sabes perfectamente quen es. Cres que sabes perfectamente quen son as persoas que están ao teu carón. A túa parella. O teu mellor amigo. A túa nai. Cres que sabes perfectamente o que está sucedendo ao teu redor. Cres que ti manexas a situación. Cres que es TI quen conformas a túa propia realidade. Que sabes perfectamente como é a túa vida. Que o teu fogar é teu e que tes un nome, unha tarxeta de crédito e unha póliza de seguros. Cres que tes CERTEZAS. 

Pero as CERTEZAS neste mundo son case unha UTOPÍA. 

Esta vida....é realmente túa? Para quen estás vivindo esa vida? Existes realmente, se ninguén está a ollar para ti? Quen é o que realmente está ollando para ti? Existe alguén, nalgún lugar, ollando para todos nós? Cando toda a realidade se derruba ao noso redor, a que podemos aferrarnos?...

Benvidos o universo de PERPLEXO, o novo espectáculo de ILMAQUINARIO TEATRO

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina