Contratada a mellora das rúas San Manuel e Celso Emilio Ferreiro

O Concello de Culleredo cambiará a imaxe de dúas rúas do centro urbano do Burgo para mellorar as súas prestacións aos veciños e situalas acorde coas xa renovadas na contorna. O Concello acaba de formalizar o contrato para a obra de humanización das rúas Celso Emilio Ferreiro e San Manuel, en pleno núcleo, xunto á praza de Galicia e a rotonda de Costa da Lonxa.
 
As beirarrúas serán un dos obxectos primordiais da obra, de cara a mellorar a seguridade viaria dos peóns. A actual configuración das rúas ten tramos de beirarrúa ao mesmo nivel da calzada. O Concello levantaraas e dotaraas de novas baldosas.
 
A actuación renovará o firme das dúas vías. Primeiro procederase á demolición do pavimento de formigón actual, o seu fresado e posterior asfaltado. Tamén se levantarán os pozos recolocando as rejillas de recollida de pluviais.
 
A sinalización da zona verase notablemente incrementada. Sinalizaranse as prazas de aparcadoiro e pasos de peóns. Tamén se colocarán sinais verticais.
 
O prazo de execución das obras será de dous meses. Serán cofinanciadas pola Deputación da Coruña e contan cun investimento de 52.470,44 euros.
 
O Concello continúa deste xeito coa renovación e mellora das infraestruturas do seu termo municipal. Neste caso concreto, o obxectivo e mellorar a seguridade viaria para peóns e condutores xa que tanto as beirarrúas actuais como o pavimento se atopan en mal estado, atendendo ás peticións dos veciños da zona.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina