Campamentos de verán 2017

O Concello de Culleredo convoca os seus campamentos de verán para nenos e nenas, cos que pretende favorecer a conciliación da vida laboral e familiar de cara á época estival. Estas actividades estarán orientadas a fomentar a convivencia a través de xogos, talleres, excursións e outras dinámicas grupales rexidas polos valores de cooperación, respecto, igualdade e apoio mutuo.
 
A oferta municipal, dirixida a nenos de entre 3 e 12 anos, inclúe campamentos de distinta duración. Así, haberá dúas quendas de cinco semanas, dúas de tres, e outras dúas de dúas, todas elas entre o 26 de xuño e o 1 de setembro. As actividades desenvolveranse de luns a venres, excepto festivos, en horario de 9.00 a 14.00 horas. 
 
Así mesmo, os pais terán a posibilidade de deixar aos seus fillos a comer, para o que o horario se ampliaría ata as 15.30 horas. En canto ao lugar, o CEIP Díaz Pardo acollerá as actividades dirixidas a nenos de entre 3 e 5 anos, e a Ría do Burgo albergará os campamentos de 6 a 12. 
 
O período de solicitude de praza estará aberto desde este luns, día 27, ata o venres 7 de abril. Os interesados terán que acudir ao Servizo de Educación, sito en Servizos Múltiples, e presentar os documentos pertinentes para acreditar a necesidade de conciliación familiar. O 27 de abril publicarase a listaxe definitiva dos admitidos, tras o que se abrirá o prazo de matrícula, do 2 ao 12 de maio.
 
A esta iniciativa municipal terán acceso preferente as persoas empadroadas en Culleredo, así como aquelas familias que acrediten por escrito a súa necesidade de conciliación. 
Vista previaAdjuntoTamaño
manas_de_campamento_campamentos_que_concilian_2017.pdf1.71 MB
normas_de_participacion_2017.odt671.84 KB

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina