Campamento urbano de primavera 2017

O Concello de Culleredo lanza unha nova edición dos seus campamentos urbanos de primavera, unha alternativa de lecer educativo para os días non lectivos da próxima Semana Santa. 
 
Celebraranse no Burgo, no CEIP Isaac Díaz Pardo. Terán lugar desde o 10 ao 17 de abril, fóra dos días festivos e o sábado. Diríxense a nenos de 3 a 12 anos de idade, tendo preferencia os empadroados no municipio de Culleredo. 
 
As actividades desenvolveranse en horario de 9.00 a 14.00 horas, salvo o luns 17 que se prolongará ata as 18.00 horas ao tratarse dunha excursión. Haberá posibilidade de servizo de xantar e almorzo.
 
O programa de actividades estará guiado nesta ocasión pola temática da horta, incluíndo talleres de cociña.
 
O prazo de inscrición será do 20 ao 24 de marzo no Edificio de Servizos Múltiples. Para proporcionar a máxima información ás familias participantes, haberá unha reunión informativa o 6 de abril ás 20.00 horas en Servizos Múltiples. Tamén se habilitará un blog durante a actividade onde se colgará a programación diaria. 
 
A concelleira de Educación e Cultura, Carmen Varela, destaca que se confeccionou unha iniciativa que trata de combinar a conciliación cun programa de actividades educativas e divertidas para os pequenos.
Vista previaAdjuntoTamaño
diptico_campamento_primavera_2017.pdf1.64 MB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina