Os colexios de Culleredo estrean parques tras as obras feitas polo Concello

O catro colexios de infantil e primaria de Culleredo xa locen novos parques infantís. O Concello completou o seu proxecto, que o mes pasado xa terminara no CEIP Tarrío, coa conclusión das obras no CEIP Isaac Díaz Pardo (O Burgo), CEIP Ría do Burgo (Fonteculler), CEIP Sofía Casanova (Vilaboa).
 
O plan foi unha das grandes apostas de investimento do executivo municipal. Aínda que os CEIP son competencia autonómica, o goberno local decidiu dedicar fondos dado o interese, compartido polos proxenitores, de que os escolares contasen con estas instalacións modernizadas.
 
En total foron 135.216,57 euros os investidos na renovación dos parques. Agora contan, en resumo, con novo firme, xogos e maior superficie.
 
No CEIP Isaac Díaz Pardo, o Concello ampliou o parque infantil, dotándoo de novos xogos, restaurando algúns dos existentes e instalando chan de caucho de tipo continuo. Un dos principais problemas do parque residía na entrada de area nas laxas de caucho e por iso colocouse céspede artificial en lugar da area.
 
No CEIP Ría do Burgo existen dous parques: un para infantil e outro para primaria. Os dous foron ampliados, dado que quedaban escasos para os alumnos, logrando un gran parque (vese na imaxe). Conta con chan de caucho de tempo continuo como firme e novos xogos.
 
No CEIP Sofía Casanova tamén se retirou a zona con area, que supuña ademais un problema para os sumidoiros, ampliándose o parque neste punto con xogos novos e en toda a superficie con chan de caucho continuo. Os existentes restauráronse e instalouse un novo valo de seguridade.
 
E no CEIP de Tarrío, xa concluída a obra anteriormente, o Concello ampliou o parque con novos xogos e con chan continuo de caucho en toda a súa superficie. Creouse así mesmo unha beirarrúa para unilo co edificio.
 
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, destaca a importancia destes espazos no desenvolvemento diario da actividade escolar. Por iso, considera que a mellora da infraestrutura educativa debe ser "unha prioridade" para a administración.
 
Desde a área de Obras e Servizos, o primeiro tenente de alcade, José Ramón Rioboo, apunta ao incremento da seguridade infantil como unha constante en Culleredo.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina