Plan municipal de formación 2017

O Concello de Culleredo presenta a súa programación de cursos para desempregados deste ano continuando a súa idea de diversificar a oferta achegándose á demanda real do mercado. Por iso introdúcese algunha variante como a prevención de riscos laborais para traballos de albanelaría 
 
A informática básica para a procura de emprego será outra novidade. Formarase no emprego de internet para lograr oportunidades de inserción.
 
Serán un total de 143 prazas en 10 cursos, que sumarán un total de 344 horas. Serán os seguintes:
  • Servizos de bar e cafetaría
  • Coidador de persoas dependentes no domicilio
  • Nivel básico de prevención de riscos laborais
  • Prevención de riscos laborais para traballos de albanelaría
  • Introdución á instalación eléctrica básica
  • Informática básica para a procura de emprego
  • Modisto de arranxos
  • Manipulación de cargas con carreta elevadora (dúas edicións) 
  • Manipulador de alimentos
As accións realizaranse nas aulas-taller do centro municipal Pablo Picasso. O proceso de matrícula comprenderá do 13 ao 17 de marzo, en horario de 9.00 a 14.00 horas, no propio centro.
 
O concelleiro de Desenvolvemento Socioeconómico, Juan Carlos Iglesias Lovelle, sinala como un dos grandes obxectivos do plan a recualificación dos traballadores, especialmente daqueles con maiores dificultades para manter a súa inserción laboral. 
Vista previaAdjuntoTamaño
preinscricion_plan_formacion_2017.pdf460.26 KB
plan_de_formacion_2017.pdf1.11 MB

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina