O Concello propón a adxudicación do novo aparcamento do Portádego en 107.000 euros

O Concello de Culleredo acaba de celebrar a reunión da Mesa de Contratación na que se propuxo a adxudicación da construción dun aparcadoiro xunto ao centro de saúde do Portádego por 107.000,88 euros. O goberno local, tendo en conta que a Xunta abrirá o esperado centro de saúde nesta zona, programou un importante investimento para a construción dun aparcadoiro, que dea servizo tanto á instalación sanitaria como aos veciños da zona, que verán incrementada a carga de tráfico.
 
O espazo consistirá nun aparcadoiro en superficie, con 70 prazas de estacionamento. Delas, tres estarán reservadas para urxencias, pegadas ao centro de saúde, e dúas para persoas con mobilidade reducida. Tamén haberá espazo de aparcadoiro para motos e para bicicletas.
 
O deseño do aparcadoiro pretende a súa integración coa contorna, e a súa superficie será de céspede armado. Contará con beirarrúa para garantir a mobilidade e plantaranse árbores de folla perenne para crear zonas con sombra.
 
O parking situarase no campo de fútbol 7 que está pegado ao centro de saúde, practicamente en desuso ao non ser empregado por ningún club deportivo. No entanto, o Concello creará un novo parque multideporte próximo, na contorna da lagoa de Fonteculler.
 
O investimento procede do superávit logrado no peche do exercicio de 2015, que se pode dedicar a investimentos financieramente sustentables como esta. Unha vez que se formalice o contrato, o prazo de execución das obras será de tres meses.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina