Os traballos de Emalcsa por unha fuga na súa tubaxe xeral poden xerar episodios de turbidez na zona urbana

O Concello de Culleredo informa que Emalcsa acaba de comezar os traballos de reparación da súa tubaxe xeral, cun diámetro de 800mm, que presentaba unha fuga de auga entre as rúas Irmáns Suárez Ferrín e a avenida de Cordeda, no núcleo da Corveira.
 
No mediodía de hoxe, os operarios de dita empresa procederon a deixar sen servizo o tramo obxecto de arranxo. Esta operación e a posterior posta en servizo da tubaxe pode ocasionar episodios puntuais de turbidez na subministración de auga tanto para a zona urbana de Culleredo como para os municipios limítrofes, dado que se van producir cambios no funcionamento da rede en alta de Emalcsa.
 
A rede de abastecemento do Concello permitirá en principio que non se produzan cortes de auga. Pero os residentes no Burgo, Acea de Ama, Fonteculler e a parte baixa da avenida de Vilaboa poderán sufrir os problemas de turbidez polos traballos descritos.
 
O Concello agarda que Emalcsa acade no prazo máis breve posible a solución para xerar as menores molestias posibles aos veciños.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina