Eleccións a delegados parroquiais do Club +65

A participación cidadá está instaurada desde hai tempo no colectivo de maiores do Concello de Culleredo. Cada parroquia conta cos seus delegados, que exercen de representantes, transmiten ao goberno municipal as súas necesidades e propostas, e colaboran na organización das actividades.
 
Agora toca renovación dos delegados e o Concello apostou por un proceso electoral aberto a todos os socios do chamado club +65. A semana pasada inscribíronse os interesados en converterse en delegados: un total de 21 veciños dos 14 núcleos nos que se estrutura esta forma de participación.
 
Esta semana as listas dos candidatos están expostas nos centros sociais (ver arquivo a continuación). O seguinte paso serán as votacións, que terán lugar do 12 ao 15 de decembro segundo o horario publicado.
 
As parroquias e núcleos que contarán con delegados son O Burgo, Vilaboa, Fonteculler, Almeiras, Culleredo, Veiga, Celas, Castelo, Sésamo, Sueiro, Orro, Bregua e Boedo. 
 
Tan só non se rexistraron solicitudes na parroquia de Ledoño. Agora os técnicos municipais tratarán de suplilo a través do voluntariado municipal, para seguir mantendo, aínda sen contar con delegado, o contacto coa parroquia.
 
A concelleira de Benestar Social, Lupe Pombo, constata a partir do traballo realizado que "os maiores de Culleredo teñen moitas ganas de participar e de achegar ideas para os seus programas". Pombo apunta que o equipo de goberno e o persoal municipal está "encantado" de contar con veciños implicados "porque é a garantía de éxito das nosas actuacións".
Vista previaAdjuntoTamaño
candidatos_e_calendario_eleccions_club65.pdf318.66 KB

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina