En marcha as obras de mellora da praza Castelao

A praza Daniel Rodríguez Castelao experimenta un importante lavado de cara. O Concello de Culleredo ten en marcha as obras de renovación, que abordan os principais elementos  do espazo urbano.

Renovarase o parque infantil, colocando chan de caucho de tipo continuo, que favorece a mobilidade. Este chan, de cores para atraer ao público infantil, xa se pode ver na praza. Os xogos retiráronse para o seu arranxo.

O firme da praza é un dos obxectos principais da actuación. A empresa adxudicataria xa dispuxo a primeira capa de slurry, de cores. Nos próximos días disporanse dúas máis.

Ademais, o Concello modernizará o mobiliario urbano con novos bancos e papeleiras. Tamén se arranxarán os bordos e os valos, e efectuarase unha limpeza con hidrolavadora a presión nas beirarrúas.

As actuacións contan coa cofinanciación da Deputación da Coruña. O investimento é de 32.000 euros.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina