Concerto solidario "Ningún neno sen Nadal"

"Ningún neno sen Nadal en 2016". Este é o lema do concerto benéfico para a ONG Mestura e o seu programa "As Nosa Cores", que organiza Milkevents, espazo de divulgacións de eventos musicais, e coa colaboración do Concello de Culleredo, para recadar xoguetes e fondos.
 
A idea parte do adestrador de categorías inferiores do Sporting Burgo, Carlos Leites, coñecido en redes sociais como milkevents. Xunto a empresarios locais e o Concello promove por segundo ano un concerto solidario, que nesta ocasión tras ser presentado a responsables municipais derivarase o recadado a Mestura.
 
Os organizadores marcáronse unha ambiciosa meta que é conseguir alcanzar unha recadación de 400 xoguetes. Segundo a ONG, "son moitos os nenos e familias aos que hai que chegar e cremos que con esta cifra de 400 agasallos cumprimos os obxectivos para esta data tan sinalada do Nadal".
 
O evento benéfico será o vindeiro sábado 3 de decembro no recinto multiusos do paseo marítimo do Burgo e comezará ás 21.00 horas. Para asistir ao concerto tan só hai que levar un xoguete por persoa, que deben ser novos e sen empaquetar, para axilizar a distribución dos mesmos. Para quen non poidan acudir cun agasallo, habilitarase a venda de entradas por valor de 5 euros. 
 
Os artistas que actuarán desinteresadamente son: Los Claretes (A Coruña), de rock & roll; La casa de los ingleses (Pontevedra), de pop- indie; Los Remasters (A Coruña), con versións 60-70 pop-rock; e Calle del ruido (Pontevedra), de rock-metal.
 
Así mesmo, habilitarase unha fila cero para recadar os fondos necesarios para dar continuidade ao proxecto "As Nosas Cores", que necesita de achegas para continuar cos servizos prestados ata agora. Este proxecto execútao a ONG desde o 2013 co obxectivo de atender e mellorar a situación socioeducativa de familias en situacións desfavorables. 
 
A conta corrente desta fila cero é: ABANCA ES82 2080 0702 1730 4005 1399.
 
O primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, anima aos veciños de Culleredo e a comarca a acudir en masa ao concerto para apoiar a causa.
 
Tamén colaboran coa organización deste concerto benéfico as empresas Bureleck Sistemas, Deportes Rayman e Arquitectos Blas Tojo, Vegalsa, Gadisa, Galipizza, TerraMae e a empresa musical Dotbeat.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina