Campaña especial de doazón de sangue esta semana

O Concello de Culleredo acolle esta semana unha campaña especial de doazón de sangue. Neste verán, os hospitais precisan preto de 500 doazóns de sangue cada día para atender a todos os enfermos e por iso o Concello fai un chamamento á cidadanía para participar nesta iniciativa solidaria.

A unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará esta semana tres días en puntos concorridos do municipio. O calendario é o seguinte:

VILABOA. MÉRCORES 27 de XULLO
Unidade móbil diante da oficina de Abanca: 15.30 - 21.00 horas

O BURGO. XOVES 28 de XULLO
Unidade móbil na Praza Europa: 9.30 - 14.30 e 16.00 - 21.00 horas

FONTECULLER. VENRES 29 de XULLO
Unidade móbil ao carón do quiosco: 15.30 - 21.00 horas

O Concello quere facer un agradecemento especial as persoas que participan  cada ano nas campañas de doazón de sangue. Culleredo conta con 2.911 doadores e doadoras censados, que realizaron 12.590 doazóns de sangue dende a primeira visita da unidad móbil en 1994.

Grazas ás doazóns de sangue, cada día os hospitais atenden unha media de 2.700 urxencias, realizan máis de 500 intervencións cirúrxicas e levan a cabo 3 transplantes de órganos e tecidos.

Podes doar sangue se tes entre 18 e 65 anos e pesas máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a túa saúde antes da doazón.

Non acudas sen almorzar. Non esquezas traer a tarxeta de doador, DNI ou documento similar. Se estás tomando ou tomas algún medicamento anota o nome nun papel ou leva o prospecto.

Máis información na web (http://ctg.sergas.es) e no teléfono 881546900

Neste verán os enfermos ingresados nos hospitais non toman vacacións e dependen da vosa solidariedade para recuperar a saúde ou salvar a vida.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina