O Concello estende ao rural as clases públicas de reforzo escolar

A zona rural de Culleredo tamén conta desde este ano co programa municipal de clases de reforzo escolar do Concello. Para ofrecer este servizo educativo tamén aos veciños destas parroquias, o goberno local creou un grupo no Centro Cultural de Ledoño. 
 
Reúnese os martes, mércores e xoves, en horario de 10.30 a 12.30 horas. Prolongarase até finais do mes de agosto, aproveitando o verán para axudar aos estudantes con maiores dificultades a sacar adiante o curso.
 
Nestas Aulas de reforzo educativo trabállase o apoio educativo nas diferentes materias, a resolución de dúbidas, a preparación de probas e traballos académicos, e a impartición de actividades específicas de motivación ao estudo encamiñadas a potenciar o rendemento académico do alumnado. 
 
O programa está aberto para un rango amplo de cursos: de 3º a 6º de Primaria, de 1º a 4º de ESO, e 1º e 2º de FPB. Na zona urbana, os grupos desenvólvense en Vila Melania (Vilaboa).
 
A concelleira de Educación e Cutura, Carmen Varela, apunta que este programa de reforzo e apoio educativo ten co propósito de frear o fracaso e o abandono escolar. "Queremos pór os medios para que o alumnado teña no verán uns hábitos de traballo, un seguimento e un ritmo diario nos seus estudos", apunta. 
 
A edila móstrase moi satisfeita de lograr ampliar o programa tamén ao rural. Defende que desde o Concello, aínda a pesar das limitadas competencias en materia educativa, fáganse os máximos esforzos por contribuír ao acceso ao ensino dos veciños. E de feito asegura que se se rexistra demanda en máis parroquias crearanse novos grupos.
 
Pódese obter máis información no Departamento Municipal de Educación, sito en Vila Melania (Vilaboa), en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Ou por teléfono no 981 66 12 08. E por mail en educacion@culleredo.org.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina