O goberno local aproba crear unha vía verde de Orro a Boedo

O Concello de Culleredo aprobou na sesión ordinaria do pleno, por unanimidade, a creación dunha vía verde no paso antigo do ferrocarril desde Orro a Boedo pasando por Bregua. A proposta foi presentada polo goberno municipal, que aposta por aproveitar este espazo hoxe en desuso para o turismo e o deporte ao aire libre.
 
O alcalde, Julio Sacristán, lembrou na sesión que en 2006 o Concello xa tentara esta proposta. Naquel entón o ministerio rexeitouno porque asegurou que a vía se usaría para trasladar carbón desde o porto e rexeitamentos de lixo desde Nostián a Cerceda.
 
Hoxe en día esa previsión quedou aparcada porque xa se retiraron as travesas e os raíles e a maleza está gañado o terreo, apuntou o rexedor. Sacristán expuxo que as características das vías verdes implican que estean preparadas para peóns e ciclistas, e que se asegure a accesibilidade. "Esta vía verde conducirá a contornas descoñecidas para a maioría de veciños e para os turistas", sinalou.
 
Tras o acordo, o Concello de Culleredo procederá a solicitar a redacción do proxecto á Fundación dos Ferrocarrís Españois, entidade que xestiona o programa de vías verdes en España, tendo no seu padroado ao Ministerio de Medio Ambiente ou Adif. No entanto, no caso de que esta non se faga cargo, o Concello pediría a cesión dos terreos para emprender o proxecto de forma directa.
 
A vía entre Orro, Bregua e Boedo quedou sen uso tras a construción do eixo atlántico de alta velocidade. No seu tramo poderanse atopar as  antigas estacións e túneles por onde ía o ferrocarril.
 
Sacristán defendeu que o programa de vías verdes é coincidente coa intención do Concello de pór en valor a zona rural con opcións de lecer de goce da natureza.

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina