O Festival BurgoJazz empeza este venres no xardín botánico

O Concello de Culleredo organiza desde este venres 1 até o luns 4 o seu xa consolidado Festival BurgoJazz, que chega este ano á XVI edición. Hoxe a concelleira de Cultura, Carmen Varela, o produtor do festival, Alfredo Gómez, da compañía Iulius 13, e o coordinador municipal de Cultura, Pablo Bouza, presentaron a cita cultural no Xardín Botánico do Burgo, escenario do festival.
 
"Antes o jazz estaba limitado a algúns locais da cidade e contribuímos a abrilo á rúa", explicou a concelleira, que sinalou o aumento gradual de público nestes 16 anos de vida do festival. E nesta edición aspírase a lograr a marca de asistencia cun programa amplo e con distintas novidades para facelo atractivo ao público en xeral, non só aos amantes do jazz.
 
De feito o produtor asegurou que o BurgoJazz "é xa un gran festival musical, non só de jazz". Indicou que co paso das edicións se foi abrindo o abano de modalidades e fusións musicais, sempre dalgún modo relacionadas co jazz. Hoxe ningún dos recitais será do jazz máis estándar.
 
O festival conta con propostas de latin jazz, jazz modal, be boop, fusión de jazz con música galega, fusión de jazz con música sefardí do norte de África, ou combinado con canción francesa.
 
O produtor constata que cada ano se achega moita xente nova ao festival, pero tamén que hai moitos que repiten. "Son concertos movidos, que piden bailar, todo o mundo sae contento", afirmou.
 
No cartel deste ano sobresae un nome coñecido: a actriz e cantante Natalia Millán, recoñecida por espectáculos como Cabaret ou Chicago ademais de por aparecer en series de televisión como El Ministerio del Tiempo. Actuará pechando o festival o luns, con Voando Libre.
 
Cada xornada haberá dous concertos: o primeiro ás 20.30 e o segundo ás 21.50 horas. O Concello establece o acceso gratuíto.
 
Todos os recitais serán ao aire libre, no Botánico, salvo que a choiva apareza algún día e haxa que trasladalo á interior da aula de Natureza. Pero polo de agora a previsión meteorolóxica é boa.
 
Aumentarase o número de cadeiras para o público e tamén se colocarán mesas para gozar da música aproveitando o pequeno bar que se montará.
 
Finalmente, Carmen Varela defendeu a aposta do Concello por ofrecer cada ano un festival desta calidade e "xa referente en Galicia". Animou aos veciños a achegarse para descubrir ritmos musicais que lles engancharán, combinando a súa asistencia coa visita ao Mercado Templario que se celebra de venres a domingo preto no paseo.
Vista previaAdjuntoTamaño
programa_burgojazz.pdf815.47 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina