A Feira de Artesanía encherá o municipio nas Letras Galegas

A praza de Europa do Burgo será mañá, martes 17 de maio, o núcleo da celebración do Día dás Letras Galegas en Culleredo. O Concello organiza a Feira de Artesanía cun amplo programa de actos, que reunirá ao longo do día a veciños de todas as idades. 
 
A Feira de Artesanía estará aberta desde as 12.00 até as 20.00 horas cuns 40 artesáns procedentes de diferentes localidades. Nos distintos postos ofrecerán as súas creacións de diversas artes e modalidades.
 
A feira estará acompañada dun programa de actividades para dinamizar a xornada. Ás 12.30 horas poderase escoitar a música galega de dous dos grupos folclóricos máis consolidados: Catalmibre e Ancoradoira.
 
Os nenos serán os principais destinatarios de actividades como os talleres infantís, que se prevén de 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00. 
 
Pola tarde, a compañía O Circo de Piter ofrecerá obradoiros circenses, de 16.30 a 19.30 horas. E a esa hora terá lugar a actuación do mago Dani con "Don Gelati".

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina