Tarrío conmemora o IV centenario da morte de Cervantes cun encontro de xadrez

A asociación de nais e pais do CEIP de Tarrío propúxose difundir entre os alumnos a figura de Miguel de Cervantes e promocionar a lectura do Quixote. E para iso buscou o vínculo co xogo que se atopa nos capítulos 11 e 12: o xadrez.

Así, a ANPA, en colaboración co Concello de Culleredo, celebra este domingo, 3 de abril, a partir das 16.00 horas, a súa I Encontro de Xadrez. Será no polideportivo municipal de Tarrío e pretende ser unha festa da comunidade escolar.

Ademais do torneo, que seguirá o sistema suízo, os pais dispuxeron actividades en paralelo de xogos, un taller de debuxo e unha merenda a través do chamado "Punto Come San".

Con esta iniciativa perseguen tamén animar aos nenos á práctica do xadrez, un xogo que convida a exercitar o cerebro.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina