Plan municipal de formación 2016

O Concello de Culleredo presenta a súa programación de cursos para desempregados deste ano continuando a súa idea de diversificar a oferta achegándose á demanda real do mercado.

Serán un total de 163 prazas en 11 cursos, que sumarán un total de 343 horas. Serán os seguintes:

  • Manipulador de alimentos (dúas edicións)
  • Servizos de bar e cafetaría
  • Coidado de persoas dependentes no domicilio
  • Nivel básico de prevención de riscos laborais
  • Introdución á instalación eléctrica básica dunha vivenda
  • Redes sociais e emprego
  • Barista e Latté-Art. Básico
  • Modisto de arranxos
  • Manipulación de cargas con carreta elevadora (dúas edicións)

As accións realizaranse nas aulas-taller do centro municipal Pablo Picasso. O proceso de matrícula comprenderá do 21 ao 29 de marzo, en horario de 9.00 a 14.00 horas, no propio centro.

O concelleiro de Desenvolvemento Socioeconómico, Juan Carlos Iglesias Lovelle, sinala como un dos grandes obxectivos do plan a recualificación dos traballadores, especialmente daqueles con maiores dificultades para manter a súa inserción laboral.

Vista previaAdjuntoTamaño
folleto_plan_municipal_2016_i.pdf1.39 MB
folleto_plan_municipal_2016_ii.pdf3.02 MB

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina