Proxectada unha pista multideporte xunto á lagoa de Fonteculler

O paseo marítimo da ría do Burgo é a principal zona verde de Culleredo. Nos seus 5 quilómetros de lonxitude contén diversos espazos de equipamentos coa finalidade de proporcionar alternativas de lecer aos veciños, como é o caso da contorna da lagoa de Fonteculler. Agora o Concello proxectou a mellora das instalacións e a súa ampliación, co afán de seguir incrementando o uso do paseo marítimo a todos os rangos de idade.

A actuación contempla, en primeiro lugar, a creación dunha pista multideporte. Terá firme en céspede artificial e contará con canastras de baloncesto e portarías. Tamén permitirá a instalación da rede no medio para deportes como voleibol ou bádminton. A idea consiste en conseguir un espazo deportivo preparado para múltiples alternativas de xogo e con condicións para ser empregado en calquera momento do ano. Polas súas características é idónea tamén para pequenos grupos.

En segundo lugar, a pista de skate será renovada. Por unha banda o Concello procederá á limpeza de toda a súa superficie con hidrolavadora. E doutra banda mellorarase o firme, cuxo pavimento presenta danos polo uso durante estes anos. Para un mellor acabado, o goberno municipal proxecta a realización dun grafiti decorativo no muro da pista de skate, tratando de evitar as pintadas que hoxe sofre.

E en terceiro lugar, o Concello tamén inclúe no proxecto a remodelación do parque infantil. Como actualmente é de area, o Concello cambiará o firme instalando no seu lugar un chan de caucho de tipo continuo, excepto na zona da tirolina que continuará de area. Co novo chan aumentarase a seguridade infantil. Ao ser tipo continuo propíciase ademais a mobilidade.

En total o proxecto conta cun orzamento de 143.135,44 euros, cofinanciados polo Concello de Culleredo e a Deputación da Coruña. A previsión consiste en que leve a cabo este ano.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina