O Concello propón un plan de 1,5 millóns en obras en servizos e infraestruturas

O goberno local de Culleredo levará a pleno mañá, martes 25 ás 13.30 horas, un plan de obras por importe de 1.590.396,79 euros. Será un dos maiores conxuntos de actuacións dos últimos anos que o Concello propón dedicar a investimentos de carácter eminentemente social e de mellora dos servizos básicos, respondendo a peticións veciñais.

O plan encádrase principalmente en catro ámbitos: melloras urbanas e de seguridade viaria; actuacións nas redes de saneamento e abastecemento; melloras nos centros educativos; e dotacións de eficiencia enerxética. Serán un total de 22 actuacións.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, resalta que as obras propostas queren abarcar "todos os ámbitos que consideramos prioritarios", poñendo especial atención nas infraestruturas básicas.

O investimento procede no seu maior parte da Deputación da Coruña, son as súas iniciativas de cooperación municipal. O 10% restante achégano as arcas municipais.

O cadro de investimentos completo é o seguinte:

PLAN DE OBRAS E SERVIZOS

  • Aforro e mellora da eficiencia enerxética por centralización de puntos de luz a consumo libre e supresión de mercurio na parroquia de Castelo: 64.899,89 euros
  • Aforro e mellora da eficiencia enerxética por implantación de luminarias LED na primeira fase do paseo marítimo: 73.449,07 euros
  • Renovación da rede de auga potable nas rúas OsPereiros, As Catas, avenida de Alvedro, Rafael Dieste e A Regueira: 125.671,38 euros
  • Instalación de rede de saneamento en Peiro de Abaixo (CP3109 de Ledoño a Celas), Peiro de Arriba, Outeiro de Abaixo: 102.983,06 euros
  • Acondicionamento das naves municipais: 136.368,68 euros
  • Pavimentación de rúas en O Vilacho - Celas de Peiro: 47.620,37 euros

POS COMPLEMENTARIO:

  • Instalación de saneamento nas rúas Canabal, Andrés Reboredo e Constitución: 90.401,70 euros


PLAN DE ACCIÓN SOCIAL

  • Renovación parque infantil rúa Condes de Andrade: 34.137,39 euros
  • Renovación de patios CEIP Ría do Burgo:    89.612,87 euros
  • Renovación de patios CEIP Sofía Casanova: 30.111,89 euros
  • Renovación de patios CEIP Isaac Díaz Pardo: 54.034,20 euros
  • Renovación de patios CEIP Tarrío: 34.353,86 euros
  • Humanización das rúas Celso Emilio Ferreiro e San Manuel: 75.758,35 euros
  • Melloras no saneamento do CEIP Sofía Casanova, CEIP Díaz Pardo e campo de fútbol do Burgo: 44.415,73 euros
  • Pavimentación de Pozo da Cruz á igrexa de Veiga: 61.431,48 euros
  • Renovación de rede de auga potable de Silvar a Goiente: 43.847,38 euros
  • Rehabilitación da ponte sobre o ferrocarril na rúa Alfonso VII: 77.188,63 euros
  • Alumeado público en rúas Río Mandeo e Montespiño: 73.515,17 euros
  • Pavimentación de Sueiro a Fornos: 69.537,57 euros
  • Renovación de rede de auga potable en rúas García Lorca, Rafael Alberti, O Xesto, Reveriano Soutillo, Río da Cova, Andrés Reboredo e San Manuel: 67.168,23 euros

PLAN COMPLEMENTARIO:

  • Renovación parque infantil As Lagoas e skate park: 143.135,44 euros

 
PLAN COMPLEMENTARIO PAI:

  • Melloras na praza Rodríguez Castelao: 50.655,45 euros

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Canal Culleredo

Emisión en directo de plenos municipales y material audiovisual municipal.

Accede al canal

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina