O Concello abre a pasarela peonil que enlaza o paseo marítimo co final de Juan Carlos I

Os centos de veciños da zona de Fonteculler, Cordeda ou A Corveira xa contan cun renovado acceso ao paseo marítimo da ría do Burgo, espazo verde de referencia do municipio. O Concello de Culleredo abriu no mediodía de hoxe a pasarela peonil que agora enlaza o final da avenida Juan Carlos I co paseo, salvando o desnivel existente.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e o primeiro tenente de alcalde e responsable de Obras, José Ramón Rioboo, acompañados de técnicos municipais e da empresa adxudicataria dos traballos, foron os encargados de estrear a pasarela.

Para acometela, o Concello aproveitou a existente ata agora, cambiando o seu trazado, reparándoa e acondicionándoa. O novo trazado fai que os viandantes a poidan coller desde a beirarrúa  de Juan Carlos I, na rotonda, incrementando notablemente a accesibilidade. Antes era necesario atravesar parte dun terreo sen urbanizar.

Ademais, a extraordinaria anchura da pasarela facilita tamén o paso para os viandantes con carriños ou con bicicletas para chegar ao carril bici. O firme provisto é de tipo antiescorregadizo.

O orzamento da actuación foi de 58.000 euros. A estrutura foi pintada nunha rechamante cor azul.

O alcalde destacou na apertura o incremento da mobilidade que permite a actuación. "Debemos facilitar ao máximo a comunicación dos veciños co paseo marítimo, un patrimonio natural que temos, perfecto para pasear ou facer deporte", afirmou.

Pola súa banda, Rioboo sinalou que a nova localización faia "máis visible e segura" e augura que será moi empregada por centos de persoas diariamente. De feito, aos poucos segundos de abrir a pasarela, un veciño que camiñaba polo paseo decidiu xa usala para subir cara á zona residencial.

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Canal Culleredo

Emisión en directo de plenos municipales y material audiovisual municipal.

Accede al canal

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina