Culleredo concreta coa Deputación correccións nas obras das beirarrúas da Ermida

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e o primeiro tenente de alcalde e responsable de Obras, José Ramón Rioboo, visitaron as obras de construción de beirarrúas na Ermida, que executa a Deputación da Coruña. Estiveron acompañados de técnicos da institución así como do deputado responsable de Obras e Vías, José Manuel Pequeño.

O obxectivo da visita foi acordar diversas correccións na actuación, que ademais chegou herdada por parte do anterior goberno provincial cun gran atraso. No encontro de hoxe concretáronse variacións en aspectos como a entrada a algunhas das vivendas e a posición de pasos de peóns e elementos de seguridade viaria.

Os técnicos confían en que as beirarrúas poidan estar concluídas sobre o mes de xaneiro ou febreiro. Quedaría nese momento o aglomerado, que depende da retirada dos postes de telefonía e electricidade. Esta actuación está agora mesmo en fase de contratación, dado que se require un contrato diferente a nivel administrativo.

Sancristán e Rioboo esperan que con estas accións acordadas hoxe o proxecto avance con toda a celeridade posible para que os veciños dispoñan dun espazo seguro para camiñar que reclaman desde hai moitos anos.

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Canal Culleredo

Emisión en directo de plenos municipales y material audiovisual municipal.

Accede al canal

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina