O Concello espera que a rescisión da adxudicación dos comedores escolares da Xunta devolva a tranquilidade

O Concello de Culleredo, tras coñecer a decisión da Xunta de Galicia de rescindir o contrato á empresa que se encargaba dos comedores escolares do CEIP Sofía Casanova, Ría do Burgo e Isaac Díaz Pardo, manifesta a súa confianza en que o servizo volva á normalidade e garanta a calidade dos menús para os alumnos.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, conversou telefonicamente co delegado provincial da Xunta, Diego Calvo. Na charla, o rexedor manifestoulle a súa preocupación e a dos pais polas graves deficiencias ocorridas no servizo e pediulle o máximo interese en solucionar o asunto.

Aínda que inicialmente a Xunta avogou por esperar a outra infracción para a rescisión do contrato, a decisión comunicada aos colexios na primeira hora da tarde de onte de resolvelo pode supor un alivio. "Esperamos que o cambio na empresa nos devolva a tranquilidade", apunta o primeiro edil, que considera que esta experiencia debe valer para entender que "no ámbito educativo a calidade debe primar por encima de todo".


Reunión no CEIP Sofía Casanova

Así mesmo, o alcalde desprazouse onte ao CEIP Sofía Casanova xunto coa concelleira de Educación, Carmen Varela, para manter unha reunión coa dirección do centro. Ademais de abordar o coñecido problema da comida, o encontro serviu para abordar as posibles actuacións que necesitará a antiga vivenda do conserxe.

O inmoble, nun acordo alcanzado entre o centro, os pais e o Concello, pódese cambiar de uso para ampliar o comedor. A idea xa foi trasladada desde o Concello á Consellería de Educación, e no pleno do mes pasado aprobouse unha moción para insistir neste cambio de uso.

Na visita de hoxe púidose falar como se distribuirá o espazo con ese engadido. En principio a idea pasa por lograr sitio para os servizos xerais do comedor así como zona para que os alumnos podan lavarse as mans.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina