O Concello lanza un programa de actividades para mozos

O Concello de Culleredo lanza un programa específico de actividades para os mozos. E para facilitar a súa participación, o equipo de goberno decidiu que sexan gratuítas.

Desenvolveranse os venres no centro social de Fonteculler. O Concello busca modalidades que responden os centros de interese dos mozos. Son as seguintes:

  • Zumba, en horario de 20.00 a 21.00 horas. Terá lugar desde novembro a xuño.
  • Breakdance, tamén en horario de 20.00 a 21.00 horas nos meses de novembro e decembro.
  • Obradoiros de Samaín. Serán o venres 30, de 17.00 a 20.00 horas. Comprenderá:
    • Maquillaxe, caracterización e efectos especiais
    • Decoración terrorífica
    • Complementos terroríficos: unllas de medo

Para participar nas actividades é necesario inscribirse previamente ata o día 29 no Centro Municipal "Pablo Picasso". Pódese contactar por teléfono no 981 664 204, no 620 008 450, ou no correo electrónico cipax@culleredo.org. Todas as actividades diríxense a mozas de 14 a 18 anos de idade.

Ademais destas actividades, o Concello de Culleredo organiza o sábado 31 de outubro, en horario de 20.00 a 23.00 horas, na polideportivo Ría do Burgo, a Festa do Samaín. Está dirixida a mozos de 14 a 21 anos.

O Concello recomenda aos asistentes que acudan disfrazados. Para acudir é necesario inscribirse no mail cipax@culleredo.org antes do día 30.

Vista previaAdjuntoTamaño
triptico_actividades_xuvenis.pdf4.25 MB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina