Programa de clases de reforzo escolar e de preparación das probas libres da ESO

Culleredo quere apoiar aos escolares do municipio a sacar adiante o curso recentemente comezado. O Concello executa o seu plan contra o fracaso escolar co programa de apertura dos centros escolares públicos en horario non lectivo.

Trátase dunha serie de actividades encamiñadas a apoiar e colaborar cos alumnos empadroados no municipio. Así, o Concello ofrece clases semanais ás que poden asistir os alumnos tras a saída do colexio.

A acción está dirixida ao alumnado do 3º ciclo de Primaria (5ºe 6º), a ESO (1º a 4º) e FPB. As clases levarán a cabo nos centros escolares Isaac Díaz Pardo (O Burgo), Sofía Casanova (Vilaboa), Ría do Burgo (A Corveira), Tarrío e IES Eduardo Blanco Amor, aínda que poderán acudir alumnos de calquera colexio, incluíndo tamén os concertados.

Os grupos terán un mínimo de 6 alumnos e até un máximo de 15, garantindo a atención personalizada.

As actividades consistirán por unha banda en sesións de reforzo das aprendizaxes adquiridas no colexio e polo outro en talleres de desenvolvemento de técnicas de estudo. "Oriéntase aos alumnos a afrontar o curso e búscase a súa motivación", sinala Carmen Varela, concelleira de Educación.

O Concello ten aberto o prazo de inscrición para o programa ata o próximo día 8. As clases comezarán o día 13.

Pódese obter máis información no Departamento Municipal de Educación, sito no Pazo de Vila Melania (Vilaboa), en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Ou por teléfono no 981 66 12 08. Ou no mail educacion@culleredo.org.


Probas libres da ESO

Neste mesmo prazo, o Concello ten aberta a inscrición no programa de preparación das probas libres de obtención do título de ESO, que teñen lugar en maio e setembro. Os participantes recibirán clases de apoio para aprender os contidos do exame e tamén orientación de cara a posibles saídas laborais.

Este programa está dirixido a maiores de 18 anos que abandonaron os estudos sen obter o título de Secundaria.

Vista previaAdjuntoTamaño
programa_clases_de_reforzo_escolar.pdf631.91 KB
programa_preparacion_probas_eso.pdf106.11 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina