O Concello lamenta o novo recorte da Xunta nos profesores de apoio do Díaz Pardo

O Concello de Culleredo denuncia un novo recorte no cadro de profesores de apoio (Pedagoxía Terapéutica) no CEIP Isaac Díaz Pardo do Burgo, dado a coñecer a pasada semana pola Consellería de Educación. Para o goberno municipal isto supón unha diminución para a atención dun alumnado con claras necesidades específicas.

En concreto, o CEIP Díaz Pardo ten outorgados de forma definitiva, xa en persoal, un profesor de Pedagoxía Terapéutica (PT) e outro de Audición e Linguaxe (AL). O centro solicita cada ano novos docentes deste tipo en función do número de alumnos destas características cos que conta.

Para este curso, o colexio pediu dous PT e un AL a maiores. Neste prazo ordinario do mes de xullo, esta solicitude foi aceptada no seu conxunto pola Consellería, co informe favorable da inspección educativa.

A primeira sorpresa chegou en agosto, cando a Xunta comunica a redución dun PT, cuestión que foi recorrida polo colexio e da que os pais e o Concello pediron publicamente a rectificación. E en efecto, co inicio do curso en setembro, a Consellería dá marcha atrás e volve conceder o PT.

E a segunda sorpresa chegou agora, co curso xa iniciado. A Xunta volve dar marcha atrás e reduce esta PT a só media xornada, algo que parece xa definitivo para o curso. Este novo cambio xerou ademais un importante trastorno no equipo docente e nos pais xa que supuxo un terceiro cambio nos horarios das clases.

A concelleira de Educación, Carmen Varela, lamenta a decisión da Xunta, que afecta de forma negativa na atención para alumnado de necesidades específicas. O CEIP Díaz Pardo conta cuns 55 alumnos nesta situación, entre os que se inclúen con autismo, trastornos, inmigrantes ou de incorporación tardía aos estudos, entre outras casuísticas.

"A inclusión necesita medios, sobre todo humanos, para ofrecer a atención que necesitan os nenos", afirma Varela, que defende a integración de todo o alumnado pero mostra a súa preocupación por que sempre se centren os recortes en "os colectivos mais sensibles".

O Concello de Culleredo reiterará a súa esixencia á Xunta de que poña os medios para dar cumprimento ás peticións do colexio, que é quen mellor coñece as súas necesidades, e garantir a atención total a estes escolares.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina