Os participantes no proxecto de hortos urbanos do Burgo comenzaron a formación en agricultura ecolóxica

Con moita ilusión acudiron á Aula de Natureza do Burgo os 26 participantes no proxecto de hortos urbanos do Concello de Culleredo. Era o seu primeiro día tras resultar afortunados no sorteo que concedeu as prazas no programa, cunha forte formación para que adquiran as competencias necesarias en horticultura.

E esa formación en agricultura ecolóxica é a que o programa emprende, coa colaboración da reserva de biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo da que Culleredo forma parte.

As sesións desenvolveranse ata decembro. Ensinaranse as técnicas de horta, o control de pragas, calendario de sementas, preparación dos terreos e en xeral toda a formación necesaria para a organización do horto.

Ademais, o Concello ofrecerá catro talleres complementarios en áreas de máxima utilidade para os usuarios: manipulación de alimentos, compostaxe, produción de sementes, e conservas de produtos ecolóxicos.

Os participantes comezarán en maio o traballo práctico nos hortos, xa parcelados no terreo do xardín botánico do Burgo, xunto ao invernadoiro. Nel poderán realizar dúas colleitas, ata outubro de 2016, cando se cederá a quenda a novos beneficiarios.

A concelleira de Formación, Marta Iglesias deu a benvida aos veciños a este novo proxecto. Animoulles a "aproveitar cada minuto" da formación, que hoxe en día tanto pode servir para obter produtos de consumo propio como para exporse unha opción para emprender.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina