Programa de horticultura ecolóxica no xardín botánico

O Concello de Culleredo dá un novo paso no seu proxecto de hortos urbanos. Aos xa en funcionamento en Vilaboa, en Vila Melania, uniránselle os do Burgo, no xardín botánico, cun amplo programa de formación.

O goberno local aposta por potenciar os hortos urbanos como método de autoconsumo e de formación para aproveitar o campo como forma de emprendimiento. Por iso, este novo proxecto leva aparellado necesariamente que cada usuario reciba unha potente formación complementaria en agricultura ecolóxica e en diversas técnicas agrícolas.

Serán 26 os hortos urbanos. Os beneficiarios poderán desenvolver neles as súas prácticas de colleitas desde abril deste ano a outubro do que vén. A formación en agricultura ecolóxica será até decembro. Ensinaranse as técnicas de horta, o control de pragas, calendario de sementas, preparación dos terreos e en xeral toda a formación necesaria para a organización do horto.

Ademais, o Concello ofrecerá catro talleres complementarios en áreas de máxima utilidade para os usuarios: manipulación de alimentos, compostaxe, produción de sementes, e conservas de produtos ecolóxicos.

Os veciños poderán inscribirse para ser beneficiarios do proxecto ata o 27 de marzo no centro municipal de formación Pablo Picasso. O 1 de abril efectuarase o sorteo público para conceder as prazas.

Vista previaAdjuntoTamaño
proxecto_horticultura_ecoloxica_2015.pdf1.48 MB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina