O Concello comezou as obras de modernización do campo de fútbol de Rutis

O Concello de Culleredo iniciou na mañá de hoxe as obras de remodelación do campo de fútbol de Rutis, unha das grandes actuacións fixadas polo goberno municipal para este ano. Trátase dunha das infraestruturas deportivas con maior uso por parte dos veciños e con maior tradición dado que é a "casa" do Olímpico de Rutis en todas as súas categorías.

As máquinas xa traballan desde hoxe no interior do campo. A súa primeira labor será preparar o terreo para posteriormente dotalo de herba artificial, un dos principais obxectivos do proxecto de modernización da instalación.

Será céspede artificial de última xeración, sobre unha capa de zahorra de 30 centímetros, que permitirá unha mellor resposta ante impactos, o que previrá moito mellor as lesións. A instalación do céspede artificial era a principal petición para mellorar as súas condicións de uso no inverno.

O campo principal contará cunha marcaxe transversal para outros dous campos de fútbol 7, que se poderán usar coas portarías abatibles que adquirirá o Concello. Os campos contarán cun sistema de rega mediante aspersores emerxentes, colocados nas liñas de banda. A evacuación de auga realizarase cara aos laterais. As propias características do céspede de última xeración propiciarán unha mellor drenaxe.

O Concello mellorará así mesmo as condicións para os usuarios e o público. Nas bancadas instalaranse asentos con respaldo e os bancos serán novos, cubertos. Tamén se colocarán redes detrás das portarías para recoller os balóns e unha nova varanda perimetral.

O Concello inviste 539.083,83 euros nas obras, adxudicadas á empresa Alvac. Esta cantidade supuxo un aforro dun 29% respecto do orzamento de licitación, que estaba fixado en 764.657,91 euros. A boa saúde económica do Concello permitiu dedicar parte do superávit a este proxecto, moi demandado polos seus centos de usuarios.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, destaca que o investimento é "eminentemente social" ao dotar das prestacións adecuadas ao recinto para a práctica deportiva de moitos nenos e adultos. "Cremos no deporte como hábito saudable pero tamén como escola de valores como o compañeirismo, a superación ou o traballo en equipo", apunta.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina