O Concello organiza unha festa de Entroido e unha viaxe a Portugal para os maiores

O Concello de Culleredo organiza unha festa especial de disfraces para este Entroido pensada para maiores de 65. Terá lugar o próximo día 13 de febreiro no Centro Social O Noso Lar, en Tarrío, ás 5 da tarde.

Alí poderán ademais gozar dun concurso de larpeiradas financiadas polo Concello. Todo aquel que desexe participar coa súa creatividade repostera poderá apuntarse antes do 6 de febreiro.  

O Concello porá a disposición de todos os veciños que queiran asistir á festa de disfraces tres autobuses, o primeiro deles con saída ás 16:15 desde OBurgo, o segundo sairá á mesma hora desde Castelo e ás 16:40 un terceiro bus desde Orro, todos eles con múltiples paradas para facilitar a asistencia dos veciños do municipio.

Culleredo organiza tamén para o próximo mes de marzo, do 4 ao 5, unha escapada a un centro termal da localidade portuguesa de Monçao para seniors. Será unha estancia en réxime de todo incluído na que ademais do SPA os veciños terán a oportunidade de visitar as localidades de Valença, Monçao e Palacio de Breijoeira. O custo será de 115 euros para socios do Club +65 e de 120 euros para non socios, coa posibilidade de solicitar para a súa maior comodidade o suplemento de habitación individual.

Son 50 prazas as que ofertou o Concello para esta actividade que serán adxudicadas a través de sorteo público o día 19 de febreiro ás 11:00 na sala de actividades de Costa dá Lonxa. A orde adxudicataria será prioritaria para os delegados e delegadas das parroquias, para os preinscritos, os socios do Club e posteriormente os non socios.

A preinscrición poderá realizarse até o 13 de febreiro nos Servizos Sociais ou ben a través dos Delagados/as parroquiais. A saída cara a Portugal terá lugar desde Castelo ás 7:30 con percorrido de paradas polas demais parroquias.

Para inscribirse nestas actividades do Club+65 de Culleredo, así como para expor necesidades específicas de mobilidade reducida, poderán porse en contacto coa organización municipal a través do número de teléfono 981 654 570.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina