Campamento de Nadal do Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo aposta de novo por proporcionar aos veciños unha alternativa de lecer infantil durante as vacacións escolares de Nadal. O Burgo acollerá un campamento urbano do 22 de decembro ao 7 de xaneiro, fóra de fins de semana, festivos e 24 e 31, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.

Nesta ocasión, o Concello trasladará aos pequenos participantes ao mundo do circo. Paiasos e malabaristas encabezarán a fraternidade universal que se promoverá coa actividade.

O campamento urbano terá lugar no Edificio de Servizos Múltiples. A actividade poderá abarcar oito horas e media de cada mañá, co que se proporcionará unha atención aos nenos mentres os pais desempeñan as súas obrigacións laborais. Así, os campamentos en si teñen lugar de 9.00 a 14.00 horas, pero pódese optar ao almorzo, de 7.30 a 9.00 horas, e á comida, de 14.00 a 16.00 horas.

As actividades abarcarán obxectivos desde deportes, talleres, actividades de educación en valores, de promoción de hábitos saudables, de fomento da igualdade, ambientais, saídas e festas.

A matrícula no campamento realizarase do 1 ao 5 de decembro, con 80 prazas ofertadas. Antes do inicio do campamento celebrarase unha reunión cos proxenitores para explicarlles todos os detalles da actividade.

Para máis información pódese contactar coa Concellaría de Cultura no 981 665597.

Vista previaAdjuntoTamaño
boletin_inscricion_campamentos_nadal_2014-2015.pdf46.34 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina