O Concello de Culleredo abre a inscrición para un curso de poda e enxertos, que conterá tanto de sesións teóricas como prácticas de campo. A acción terá lugar na aula de Natureza do Burgo os sábados 15, 22 e 29 de novembro.
Con 15 horas de duración, os participantes aprenderán as técnicas de como podar as árbores froiteiras e realizar enxertos nos casos oportunos.
O curso é totalmente gratuíto para as persoas empadroadas en Culleredo. Para formalizar a inscrición é necesario dirixirse ao centro municipal de formación Pablo Picasso, ou por teléfono no 981 664 204. O prazo para anotarse finaliza o 13 de novembro.
A concelleira de Formación, Marta Iglesias, destaca a necesidade de aprendizaxe deste tipo de boas prácticas para os veciños que dispoñen de xardín ou leira. Resalta o carácter eminentemente práctico do curso.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER