O goberno local proporá no pleno simplificar os trámites aos veciños para iniciar obras e actividades

O goberno de Culleredo simplificará ao máximo os procedementos para o inicio de obras ou da prestación de actividades e servizos. Coa finalidade de apoiar o desenvolvemento económico, o equipo de goberno leva este xoves a pleno ordinario a ordenanza reguladora do control de obras e actividades, que se adapta á Lei de Competitividade de Galicia, aprobada o ano pasado.

Desde a súa entrada en vigor, os veciños de Culleredo verán reducidos os trámites requiridos para cuestións como a apertura de negocios ou comercios, ou, por exemplo, a realización de reformas en locais.

A ordenanza, por tanto, regulará os procesos establecidos para a obtención do título que habilita para a execución de obras e desenvolvemento de actividades ou servizos, sometidos ao control da legalidade que compete á administración local.

Só aquelas obras ou actividades nas que se aprecien razóns imperioso de interese xeral, esixindo unha especial protección da orde urbanística ou do medio ambiente, seguirán no réxime de licenza. En canto ao comezo de actividades económicas, serán polo xeral susceptibles do procedemento de comunicación previa. No entanto, en atención ás razóns de protección da seguridade e saúde pública e de conservación do medio, será necesario obter a licenza para espectáculos ou actividades recreativas con determinadas características, como os que se desenvolvan en establecementos públicos cuns aforamentos superior a 500 persoas.

A ordenanza especifica os pasos a seguir no réxime de comunicación previa. De forma previa ao comezo da actividade ou á execución das obras, os interesados deberán comunicar á administración os seus datos identificativos, os da actividade, e as características do establecemento, que acreditarán conforme ao modelo. Achegará as autorizacións ambientais ou sectoriais pertinentes.

De detectar omisións ou imprecisións na comunicación ou na documentación, os servizos municipais requirirán a súa corrección ao interesado cun prazo de 10 días. Non obstante, o interesado poderá solicitar a ampliación deste prazo se lle resultase insuficiente. Para o comezo das obras establécese o prazo mínimo de 15 días.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, apunta que con esta medida conseguirase unha "simplificación" dos procedementos de autorización e control das actividades que se desenvolvan no municipio, no marco das competencias recoñecidas ao Concello.  O rexedor aposta pola "eliminación de obstáculos para garantir a dinamización do eido empresarial de Culleredo, especialmente das pemes".

O goberno local propón a aprobación inicial do texto no pleno do xoves. Despois, unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia, abrirase un prazo de exposición pública de 30 días antes da súa aprobación definitiva e entrada en vigor.

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Canal Culleredo

Emisión en directo de plenos municipales y material audiovisual municipal.

Accede al canal

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina