O Concello abre o 1 de agosto o servizo de aluguer de bicicletas

O servizo municipal de aluguer de bicicletas inicia a tempada de verán. Desde este venres, 1 de agosto, as bicicletas atoparanse xa aparcadas e o sistema activado para que veciños e visitantes gocen das amplas zonas verdes do municipio de Culleredo cun medio de transporte ecolóxico e que promove o exercicio físico.

Serán tres os puntos habilitados:

  • o paseo marítimo xunto á urbanización A Ría, en Fonteculler
  • o paseo do Burgo xunto á ponte sobre a ría, no Burgo
  • o paseo do río Trabe na rúa Luís Seoane, en Vilaboa.

Cada un dispón dunha pantalla intelixente para acceder ao aluguer mediante a tarxeta do servizo.

Os usuarios poderán facerse cun cartón nas oficinas municipais sitas no centro municipal Pablo Picasso do Burgo, ou no pazo de Vila Melania, en Vilaboa. O servizo estará aberto ata o 31 de outubro e ofrece un horario continuado de 12 horas ao día: de 9.00 a 21.00 horas.

O cartón adquírese cun pago único de 3.50 euros. É necesario presentar a solicitude cumprimentada, a fotocopia do DNI e o recibo do pago. Os que xa dispoñen de cartóns do ano pasado, poderana usar directamente.

Para a utilización das bicicletas existen dúas modalidades:

  • Para os empadroados en Culleredo que queiran gozar do servizo durante toda a tempada, cun pago único de 11 euros.
  • Un uso dunha semana, por 6 euros.

O goberno de Culleredo quere potenciar a bicicleta como medio turístico e de transporte alternativo no municipio. O municipio conta con amplos espazos verdes e seguros para andar en bicicleta, como todo o paseo marítimo do Burgo e o do río Trabe. Un ciclista pode desprazarse entre Fonteculler, Vilaboa e O Burgo, o tres principais núcleos urbanos, en carril bici.

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina