A Feria de Reciclaxe reunirá o sábado 60 postos no paseo marítimo do Burgo

Co obxectivo de promover a reciclaxe e a reutilización celébrase este sábado, 24 de maio, a Feira de Reciclaxe no Burgo, no recinto multiusos do paseo marítimo. Uns 60 postos, de particulares ou asociacións, conformarán o evento, que se desenvolverá entre as 11.00 e as 21.00 horas.

"Leva ou teu trasteiro á feira!" foi o eslogan da feira para lograr este elevado número de participantes. Mobles, bicicletas, manualidades, roupa ou antigüidades serán algúns dos bens que se poderán comprar na feira logrando así unha segunda oportunidade de vida para eles.

Nos postos tamén se poderán atopar elementos de elaboración artesá. Así mesmo, ofreceranse produtos fabricados a partir da reciclaxe de materiais.

Para dinamizar a xornada, a organización preparou actividades infantís que se desenvolverán ao longo do día no paseo marítimo. Desta forma propiciarase a visita de familias con nenos pequenos.

O Concello impulsa así un marco idóneo "para a reutilización de bens que doutra forma seguramente acabarían no lixo", explica a concelleira de Promoción Económica, Marta Iglesias. Ademais, sinala, o evento servirá para dinamizar o sector hostaleiro e comercial do municipio, ao ser un foco que atraerá público ao Burgo.

A feira está organizada por Ins3Rtega, iniciativa social emprendedora de reciclaxe téxtil de Galicia, en colaboración co Concello. A organización decidiu doar ao Banco Municipal de Alimentos o 10% das taxas de cada posto, impulsando tamén unha compoñente solidaria no evento.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina