Máis de 500 personas participarán na V Travesía do Xalo

O monte Xalo baterá marca de asistencia na V Travesía do Xalo, que se desenvolverá o domingo, 27 de abril, en Culleredo. Organizada pola asociación Castelo Deporte coa colaboración do Concello de Culleredo, a cita reunirá a máis de 500 participantes nas diferentes modalidades que propón.

A V Travesía do Xalo ofrece diferentes posibilidades aos participantes:

  • Mediamaratón. Unha das poucas de montaña de Galicia que contará con 21 quilómetros e máis de 1.200 metros de desnivel.
  • Andaina. Serán 11 quilómetros por unha ruta que cada ano cambia de percorrido.
  • Carreira para nenos e nenas

A proba comezará en Castelo, ás 9.30 horas para o maratón e ás 10.00 horas para a andaina.

Un dispositivo veciñal esperará aos participantes ao termo da proba, cunha churrascada popular á que poderá sumarse calquera persoa. Haberá sorteo de agasallos e música para amenizar a xornada.

Castelo Deporte doa o 5% do recadado nas inscricións ás entidades sociais de Culleredo.

O Concello de Culleredo destaca a gran implicación dos membros da asociación para levar a cabo eventos deste calado, cuns resultados excelentes. O goberno local agradece o enorme esforzo realizado para a organización.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina