Culleredo celebra o sábado o seu II Día do Patín

Culleredo celebra este sábado, 22 de marzo, a segunda edición do Día do Patín, unha festa da patinaxe artística pensada para toda a familia. Estará organizada polo Club Aura, en colaboración co Concello de Culleredo e a Deputación da Coruña.

O II Día do Patín terá lugar no polideportivo municipal de Tarrío, en horario de 11.00 a 13.00 horas. O evento está pensado tanto para nenos como para adultos. Contará con moita música e diferentes xogos.

A idea do club é que este día sirva como iniciación na patinaxe artística para moita xente. Así, os monitores ensinarán as figuras básicas e axudarán aos asistentes a ter o seu primeiro contacto con este deporte.

O acceso será totalmente gratuíto, aínda que a organización pide aos asistentes que colaboren coa iniciativa solidaria que están a promover. Baixo a lema de "Adózalle a vida aos demais" búscase a achega de produtos doces, como crema de chocolate, cacao en po ou tabletas de chocolate, que irán parar ao Fondo Municipal de Alimentos. Os produtos doces son unha das necesidades do banco.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina